Friday 10 de May de 2024

Os usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais visitan a Casa Grande de Xanceda


Os usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais do Concello de Ordes desfrutaron dunha xornada inesquecíbel rodeados de natureza e moitos animais. Todas e todas desprazáronse, acompañados dos seus monitores, ata o veciño concello de Mesía para visitar a Casa Grande de Xanceda. Alí tiveron ocasión de alimentar ás cabras, vacas, años etc da súa propia man, así como de coñecer cómo se elaboran os iogures, queixos e demais produtos da marca Casa Grande de Xanceda.